Inicio > Consellería > Benvida da conselleira
Asumo con gran ilusión e responsabilidade esta nova tarefa á fronte da Consellería de Facenda, consciente do difícil labor que temos por diante, pero confiando en que coa colaboración do meu equipo poidamos estar á altura das demandas que nos require a sociedade galega nestes momentos.
Collo o testigo de Marta Fernández Currás co obxectivo de seguir a mesma senda iniciada fai xa case tres anos e que ten convertido a esta Comunidade Autónoma nun referente de rigor das contas públicas.
A transparencia e a honestidade, dúas das premisas que teño aplicado como xestora do servizo público, seguirán guiando o desempeño da miña responsabilidade como Conselleira de Facenda.
Coñezo esta Administración e confío nos seus empregados. Estou segura de que seremos capaces, entre todos, de seguir profundando nunha xestión máis austera, eficiente e próxima aos cidadáns. Aos traballadores pídolles a ilusión e a necesaria colaboración para seguir avanzando nos obxectivos. Pola miña parte comprometo todo o meu esforzo para sair airosos dos desafíos que se nos presenten, por difíciles que sexan.
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda.