A Xunta Superior de Facenda é competente para coñecer e resolver:
- As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos centrais da Consellería de Economía e Facenda ou doutras consellerías e os seus organismos autónomos ou entes relacionados coa xestión, inspección e recadación dos tributos propios da Facenda da Comunidade e, en xeral, de tódolos ingresos de dereito público que correspondan a esta, coa exclusión expresa dos tributos cedidos polo estado á Xunta de Galicia e das recargas que se establezan por esta sobre tributos estatais
- As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos periféricos da Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos, relacionados coas materias relacionadas no parágrafo anterior.
- Dos recursos extraordinarios de revisión, recursos de anulación e do procedemento de rectificación de erros das súas propias resolucións.