Estrutura

A Xunta Superior de Facenda conta con unha presidencia, tres vogalías e unha secretaría, a súa composición está regulada no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, as competencias, a composición e o funcionamento do Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

A XSF funciona como órgano colexiado e como órgano unipersoal.

  • Órgano colexiado: resolve as reclamacións ás que se aplica o procedemento xeral, e reúnese cunha periodicidade mensual.
  • Órgano unipersoal: resolve as reclamacións ás que se aplica o procedemento abreviado.

Unha das competencias da Dirección Xeral de Tributos é apoiar as actuacións da XSF, este apoio materialízase a través do Servizo de Xestión de Reclamacións Económico Administrativas, que desenvolve as tarefas administrativas de funcionamento.

Enderezo:
Rúa Pastoriza, 8-3ª planta
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Teléfonos
981 544192
981 545105
Fax:
981 544169

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda