Documentos -

  • Guía do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas é un tributo cedido de carácter persoal e directo que grava a renda das persoas físicas de acordo coas súas circunstancias persoais e familiares e actualmente encóntrase regulado en:

    • REAL DECRETO LEXISLATIVO 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. (BOE 10-03-2004) e
    • REAL DECRETO 1775/2004, de 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. (B.O.E. 04-08-2004).

  • Guía do Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    E un imposto de natureza indirecta que recae sobre o consumo de determinados hidrocarburos, gravando en fase única, as vendas minoristas dos productos comprendidos no seu ámbito obxectivo.

    O imposto encontrase regulado no artigo 9 da Lei nº 24/2001 , do 27 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social e na Orde do Ministerio de Facenda 1554/2002 , do 17 de xuño, pola que se aproban as normas de xestión do Imposto sobre Ventas Minoristas de Determinados Hidrocarburos.

    Este imposto crease coa condición de imposto estatal cedido ás Comunidades Autónomas e quedando afectada a súa recadación á cobertura dos gastos en materia de sanidade e, de se-lo caso, dos de actuacións medio ambientais.

  • Guía da tributación sobre o Xogo

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    Os tributos sobre o xogo son os seguintes:

    • Tributos cedidos: Son tributos estatais dos que o seu rendemento está cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e dos que a súa xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos en vía de xestión exerce a Comunidade Autónoma de Galicia por delegación do Estado. Son os dous seguintes:
      • Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
      • Taxa sobre os xogos de sorte, envite ou azar.
         
    • Tributos propios: Son tributos creados polo Parlamento de Galicia. Actualmente está establecido na Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte:
      • Imposto sobre o bingo.

  • Guía do imposto de Transmisións Patrimoniais

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ven regulado no Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Real Decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  • Guía do imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ven regulado no Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Real Decreto 828/1995, de 29 de maio, polo cal se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  • Guía do imposto de Sucesión e Doazóns

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    O Imposto sobre Sucesión e Doazóns é un tributo de natureza directa e subxectiva, que grava os incrementos patrimoniais obtidos a título lucrativo por persoas físicas. Encóntrase regulado pola Lei 29/1987, do 18 de decembro, do Imposto sobre Sucesións e Doazóns, e polo Real Decreto 1629/1991, do 8 de novembro polo que se aproba o regulamento do Imposto sobre Sucesións e Doazóns.

    O obxectivo deste imposto é grava-los incrementos de patrimonio que se producen, normalmente, como consecuencia de herdanzas e doazóns, así como os seguros de vida nos que o contratante sexa persoa distinta do beneficiario. É un imposto incompatible co imposto sobre a renda das persoas físicas polo que a renda gravada polo imposto de sucesións non se someterá ao I.R.P.F..

    Grávase o adquirido por cada suxeito pasivo, tomando como base, no caso das herdanzas, o patrimonio neto do causante, é dicir, os seus bens menos as cargas, débedas e gastos.

  • Guía do imposto sobre o Patrimonio

    Publicado o 06/07/08

    Descrición

    O Imposto sobre o patrimonio é un tributo de carácter directo e natureza persoal, que grava o patrimonio neto das persoas físicas. Por patrimonio neto enténdese o conxunto de bens e dereitos de contido económico do que sexa titular, con deducción de cargas, gravames, débedas e outras obrigas persoais das que deba responder o suxeito pasivo.

    O obxectivo deste imposto é gravar a capacidade de pago adicional que supón a posesión dun patrimonio, ademais de intentar conseguir unha maior eficacia na utilización dos patrimonios e ser un complemento do Imposto sobre a renda das persoas Físicas.

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda