Inicio > Trámites > Factura e Licitación electrónica > Información da licitacion electrónica

Sistema de Licitación Electrónica

Agora Galicia conecta contigo

Acceso ao Sistema de
Licitación Electrónica
Documentación de
Licitación electrónica

UNHA ADMINISTRACIÓN MÁIS MODERNA.

O novo sistema de licitación electrónica é máis sinxelo que o tradicional, presenta multitude de vantaxes e supón un paso máis no proceso de modernización dunha Administración que tende a mellorar as relacións cos administrados.

O proceso de licitación permite resolver todos os pasos do proceso:

  • Xestionar a preparación dos procedementos habilitados para a súa su licitación a través de Internet.
  • Presentar as ofertas por vía telemática.
  • Abrir as mesmas mediante sistemas electrónicos.
  • Publicar os resultados da apertura e adxudicación a través de Internet.
  • Asinar o contrato mediante sistemas electrónicos.

LICITACIÓN ELECTRÓNICA. TODO SON VANTAXES.

Estamos a crear unha Administración máis moderna, próxima e eficiente que axiliza trámites e permite operar a calquera hora, en calquera lugar e dunha maneira cómoda e segura.

O novo sistema de licitación electrónica é mellor para todos:

  • Rapidez: é un sistema que sempre está dispoñible dentro dos prazos de licitación.
  • Seguridade: é unha tecnoloxía segura cunha mellora continua.
  • Economía: o proceso permite aforro en custos tanto para a Administración (maior volume de ofertas, maior competitividade) coma para as empresas (horas, viaxes, impresión, mensaxería etc).
  • Transparencia: o proceso pode evidenciarse (información continua durante todo o proceso: licitación, apertura de plicas etc.). O licitador coñece e sabe en todo momento o que estamos a facer, non existen as sorpresas.
  • Sinxeleza: o seu uso é sinxelo, de rápida aprendizaxe e eficaz. Para calquera tipo de usuario Internet.
  • Sociabilidade: o proceso simplifica e mellora as relacións entre a Administración e as empresas licitadoras.
  • Economía e ecoloxía: póñense en valor criterios ambientais de eliminación de papel. Poténciase o binomio "económico/ecolóxico" e o concepto "oficina sen papel".

A Xunta comprométese co impulso da sociedade da información, establecendo unha estratexia de modernización da propia Administración, simplificando trámites e reducindo os custos de xestión.

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda