Inicio > Áreas > Política Financeira > Caixa Xeral de Depósitos > Información xeral
Funcións da Caixa Xeral de Depósitos
O Decreto 79/2007, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, establece que o obxecto e funcións da Caixa de Depósitos da C.A. de Galicia encontrase integrado pola instrumentación da constitución, custodia e devolución, ou chegado o caso, execución dos depósitos e garantías admitidos na mesma. Todo iso exclusivamente respeto daqueles depósitos e garantías nos que a C.A. resulte garantida ou ben aqueles outros nos que o garantido resulte ser un terceiro frente á Administración da C.A. Tamén se depositan todos aqueles depósitos e fianzas que por calquera motivo deban constituírse a favor ou a disposición dos Organismos Autónomos, Universidades Públicas, Entes Públicos e Empresas e Fundacións Públicas da C.A.
Oficinas, horarios e teléfonos
As oficinas da Caixa Xeral de Depósitos están situadas en:
Servizos Centrais:
Santiago de Compostela. Edificio admvo. San Caetano, bloque 3, sótano. 15781.
Tfno: 981 545 120
Delegacións Territoriais da Consellería de Economía e Facenda en:
A Coruña. Praza de Pontevedra, 22-1º. 15003 .
Tfno: 981 184 445
Lugo. Ronda da Muralla, 70. 27071.
Tfno. 982 294 029
Ourense. Rúa Xoan XXXIII, 33. 32003.
Tfno. 988 687 210
Pontevedra. Rúa Michelena, 30. 36001.
Tfno. 986 805 704
Vigo. Rúa Concepción Arenal, 8. 36201.
Tfno 986 817 296
O horario é de 9 a 14 horas, de Luns a Venres. Os días 24 e 31 de decembro as oficinas estarán pechadas.
Modalidades de garantías
As modalidades das garantías existentes na actualidade son:
Requisitos para a Constitución de Depósitos e Garantías en Efectivo
Para a constitución dunha garantía ou depósito en efectivo, acudirán á Caixa Xeral de Depósitos, en Servizos Centrais da Consellería de Economía e Facenda, Edificio administrativo San Caetano, bloque 3 – soto, de Santiago de Compostela, ou nas Delegacións Territoriais da Consellería de Economía e Facenda.
Compre, que o que vaia a constituír a garantía ou depósito saiba, para poder cumprimentalos, os seguintes datos que han de figurar no resgardo:
Requisitos para a Constitución doutras garantías
A Caixa Xeral de Depósitos entregará ao interesado o correspondente resgardo de constitución da garantía.
Para depósitos constituídos por persoas xurídicas:
DNI e escritura na que se acredite poder bastante para ese acto, de se-lo interesado.
Autorización por escrito do representante legal, acompañado de copia do DNI e escritura de poder bastante, a favor da persoa que se presente na Caixa de Depósitos, de non ser o interesado
Para depósitos constituídos por persoas físicas:
DNI ou documento equivalente.
De non ser o interesado, autorización acompañada de copia do DNI do interesado.