Inicio > Trámites > Introdución á Oficina Virtual > Obtención de autorizacións especiais > Imposto contaminación atmosférica
Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Consellería de Facenda. Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática do imposto sobre a contaminación atmosférica. Cando as persoas autorizadas actúen en representación do suxeito pasivo do ICA deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección Xeral de Tributos. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.
Ficha para a identificación de usuarios autorizados.
Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) ó suxeito pasivo do ICA. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos: