Inicio > Áreas > Planificación e Fondos > Marco Comunitario de Apoio 2000-2006

Marco Comunitario de Apoio 2000-2006

O Marco Comunitario de Apoio (MCA) 2000-2006 Rexións Obxectivo 1 de España é un documento de programación comunitaria no que se formaliza o compromiso da Unión Europea respecto dos recursos adxudicados a España.

Está constituído principalmente por: As prioridades estratéxicas dos 4 Fondos Estruturais FEDER, FSE, FEOGA-O e IFOP; a distribución dos recursos nos territorios das rexións beneficiarias do Obxectivo 1; e os procedementos de xestión, avaliación, seguimento, control, etc. que se deben aplicar co fin de garantir que o financiamento comunitario se utilice segundo o establecido e coa maior eficacia posible.

Os Eixes prioritarios de intervención no MCA 2000-2006 son 9:

  • Competitividade e Tecido Produtivo
  • Sociedade do Coñecemento (Innovación, I+D, Sociedade da información)
  • Medio, Contorno natural e Recursos hídricos
  • Recursos humanos, Emprego e Igualdade de oportunidades
  • Desenvolvemento local e urbano
  • Redes de transporte e enerxía
  • Agricultura e desenvolvemento rural
  • Pesca e Acuicultura
  • Asistencia Técnica

A estratexia económica para Galicia para este período establécese no documento denominado PLAN ESTRATÉXICO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DE GALICIA 2000-2006 (PEDEGA) e concrétase no Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006 (FEDER, FSE e FEOGA-O) e na parte rexional de Galicia do Programa Operativo de IFOP Rexións Obxectivo 1 de España 2000-2006.

Union Europea

Información relacionada

Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda