Inicio > Sala de prensa > Notas de prensa
03/02/12
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, trasladoulles hoxe aos representantes sindicais que a Xunta de Galicia manterá as retribucións dos empregados públicos, a pesar de que outras administracións as teñen baixado debido á crise económica, e propúxolles unha batería de medidas de eficiencia na función pública que xa se teñen tomado noutras autonomías. O aforro estimado é duns 80 millóns de euros ao ano.
31/01/12
Galicia mantén o máximo rating posible que lle pode outorgar Standard&Poor´s tendo en conta que esta axencia de cualificación non permite que unha comunidade de réxime ordinario, excluídas as forais, teña un rating superior ao do Estado soberano.
29/01/12
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asegurou hoxe que calquera nova medida que poña enriba da mesa a Xunta de Galicia “falarase cos afectados, tentarase facer por consenso, e irá encamiñada a seguir preservando o gasto social”, tal e como leva facendo o Goberno autonómico desde que comezou a lexislatura.
27/01/12
A Xunta comprometeuse esta mañá a financiar a redacción dun Plan de Viabilidade rigoroso e completo para a sociedade Estación de Montaña Manzaneda, S. A. (MEISA) coa maior brevidade posible.
21/01/12
O presidente do Consello Galego da Competencia (CGC), Francisco Hernández, urxe adaptar a Lei estatal 15/2010 pola que establecen Medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais á lexislación contida na directiva comunitaria 2011/7/EU co fin de paliar os efectos negativos da morosidade sobre o funcionamento libre e eficiente dos mercados.