Que se necesita para ter un Certificado de Usuario da FNMT
- Un navegador de entre os siguientes:
- Versión 5.0 de Microsoft Internet Explorer para aquelas persoas que teñan un nome ou apelido que conteña a letra "Ñ". En caso contrario, servirá coa a versión 4 coas actualizacións existentes (SP1 e SP2).
- Netscape Navigator, cunha versión posterior á 4.03, a excepción da versión 4.60.
Antes de inicia-lo proceso de solicitude e descarga do certificado, recoméndase comprobar que se ten instalado o parche de seguridade para a solicitude de certificados. Microsoft ten unha páxina desde a cal se pode instalar o parche de seguridade para a solicitude de certificados, así coma obter información sobre o mismo.
Solicitude do Certificado de Usuario.
Nota importante: non actualice a súa versión de navegador, formatee o seu disco duro nin cambie de ordenador ou versión de Windows entre a solicitude do certificado e a descarga do mesmo. Se o fai, perderá a clave privada e non poderá realizar sinaturas dixitais unha vez que reciba o certificado.
O procedemento de obtención e instalación do Certificado de Usuario consta de 4 pasos:
- Obtención do certificado raíz da FNMT clase 2 CA.
O certificado raíz da FNMT Clase 2 CA pódese descargar do sitio web da FNMT , no enlace "Descarga del Certificado Raíz de FNMT Certificado de Usuario", da páxina Clases de certificados. Este certificado permite que o usuario teña a seguridade de que o seu certificado de usuario está expedido pola FNMT.
Conexión coa FNMT para a obtención do certificado raíz da FNMT CA
- Solicitude do Certificado de Usuario á FNMT.
Deberá acceder, dentro do sitio web da FNMT, á páxina de solicitude do certificado de usuario da FNMT , na cal deberá cubrir-lo N.I.F. del titular.
Neste paso, os eu navegador xera un par de claves, unha pública e unha privada. A clave privada almacénase no navegador, e a clave pública envíase á FNMT para que a asine. A FNMT-RCM asignaralle á dita clave pública un código de solicitude, que lle enviará ao usuario para que este o rexistre nunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda.
Conexión coa FNMT para a obtención de instruccións e solicitude do certificado.
Nota: Só poden obter o Certificado de usuario as entidades que, de acordo co noso ordenamento legal, teñan personalidade xurídica. Así, non poden obter o Certificado as comunidades de bens, as unións temporais de empresas ou os fondos de inversión (entre outros supostos), posto que ningunha destas entidades ten personalidade xurídica.
- Acreditación da persoa que solicita o Certificado nalgunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda.
A persoa solicitante deberá acudir a algunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda e acreditar a súa identidade. Somentes se admite acreditación se o titular é unha persoa física. Deberase achegar a seguinte documentación:
Unha vez identificado, o usuario procederá a asinar o modelo de solicitude así coma as súas condicións de uso. A Consellería de Facenda transmitirá diariamente os rexistros tramitados á FNMT para que sexa posible a emisión do Certificado.
Poderase tamén obter o certificado en horario de tarde e sábados pola mañá nas sedes das Delegacións Provinciais durante a Campaña da Renda.
- Descarga do Certificado de Usuario da FNMT.
A persoa que realiza a solicitude deberá acceder, dentro do sitio web da FNMT, á páxina de descarga do certificado de usuario da FNMT , na cal deberá cubri-lo N.I.F. do titular do certificado e o código de solicitude dado pola FNMT no momento da petición. Tras iso, poderá descargar e instalar o Certificado.
Conexión coa FNMT para la obtención de instruccioós de descarga do certificado.
Nota: Recoméndase que o usuario realice unha copia de seguridade no disco do seu certificado e a súa correspondente clave privada seguindo as instruccións do navegador empregado. Deste xeito poderá empregar o certificado noutros navegadores, e poderá importalo posteriormente no caso de ter problemas co seu equipo.
Así mesmo, é recomendable conservar a copia da solicitude que se lle entrega no momento da acreditación nas oficinas de acreditación autorizadas pola Consellería de Facenda.
Revogación do Certificado
A revogación do certificado permitiralle invalida-lo certificado antes da data de caducidade que consta no mesmo. Recoméndase que o usuario revogue o seu certificado se pensa que pode ter sido copiado e que o seu PIN é coñecido.
- Poderán solicitar a revogación os titulares dos certificados, os representantes dos titulares (só no caso de entidades), ou aqueles que o eran no momento da solicitude e consten no certificado, aínda que perdesen a súa representatividade.
- A solicitude de revogación do certificado poderá efectuarse durante o período de validez que consta no mesmo.
- Se non se dispón do certificado, por extravío, perda ou roubo, o titular ou o seu representante deberá acudir a unha oficina de acreditación autorizada pola Consellería de Facenda para asinar o modelo de solicitude de revogación do certificado. As oficinas de acreditación transmiten diariamente os rexistros tramitados á FNMT para que esta proceda á revogación do certificado.
- Existe unha posibilidade de revogación urxente, chamando ao teléfono 902200616 (este servicio está dispoñible as 24 horas do día, os sete días da semana). Esta opción é só recomendable cando o usuario non se poidese desprazar ata unha Oficina de Acreditación ou estas non estivesen abertas ao público, ou ben se se teñen problemas técnicos ao intentar efectuar a revogación a través da páxina web correspondente, e sempre que existise un compromiso grave das claves e/ou o certificado.
Conexión coa FNMT para a revogación do certificado de usuario.
Renovación do Certificado
- O certificado da FNMT poderá renovarse durante os dous meses anteriores á súa data de caducidade.
- A renovación terá 2 anos de validez.
- Para solicitar a renovación do certificado deberase acceder, dentro do sitio web da FNMT , á páxina de renovación de certificados.
Nota: O proceso de renovación só se poderá efectuar desde o mesmo ordenador e desde o mesmo navegador dende os que se solicitou o certificado.
Conexión coa FNMT para a renovación do certificado.
Lista de Oficinas de acreditación autorizadas por la Consellería de Facenda.