Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, procede actualizar os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ata agora fixados pola Orde do 10 de xaneiro de 2008 (DOG nº 18, do 25 de xaneiro), así como establecer os prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servizos de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras.
A Lei 6/2003 dispón no seu artigo 51 que a contía destes acordarase por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda. Por todo iso,
Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no programa Campaña de Verán.
Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia compulsada do título de familia numerosa onde figure.
Os usuarios do Carné Xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dun desconto como mínimo do 10% e como máximo do 50%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.
Queda derrogada a Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2008.
Malia o disposto no punto anterior, segue vixente o prezo do servizo (por praza e mes) nas residencias xuvenís para estudantes contido na alínea C da Orde do 10 de xaneiro de 2008, durante o curso 2008/2009.
Facúltase o director xeral de Xuventude e Solidariedade para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2009.
Prezos relativos á utilización e os servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar
A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán, establécense os seguintes prezos por praza:
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Por quenda de quince días | 114 |
| Por quenda de doce días | 92 |
| Por día | 11 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Por quincena | 153 |
| Por día | 16,30 |
Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, a alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material de conformidade co establecido no artigo 2º.2 e 2º.3, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.
Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50% sobre os prezos deste apartado.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Actividades náuticas (por quenda de doce días) | 168 |
| Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais (por quenda de doce días) | 143 |
| Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais (por quenda de 8 días) | 82 |
| Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días) | 168 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Actividades náuticas (por quenda de doce días) | 188 |
| Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais (por quenda de doce días) | 180 |
| Actividades ao aire libre/ambiente, lúdico-deportivas e culturais (por quenda de 8 días) | 92 |
| Actividades turístico-deportivas (por quenda de doce días) | 180 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Ámbito autonómico e nacional (por quenda) | 72 |
| Ámbito internacional (por quenda) | 72 |
B. Por servizos nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), establécense os seguintes prezos por persoa:
| Servizos | Ata 30 anos | Maiores de 30 anos |
|---|---|---|
| Pensión completa | 16,5 | 21,5 |
| Aloxamento | 7,5 | 11 |
| Almorzo | 2,5 | 2,5 |
| Xantar ou cena | 6,7 | 6,7 |
Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.
C. Servizo nas residencias xuvenís para estudantes (por praza e mes), durante o curso 2009/2010, que abrangue do 15 de setembro de 2009 ao 30 de xuño do 2010.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Residentes internos | 263 |
D. Pola utilización das instalacións recreativodeportivas.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Un barco de vela media xornada | 6 |
| Un barco de vela unha xornada | 11 |
| Unha embarcación pneumática de motor media xornada | 11 |
| Unha embarcación pneumática de motor unha xornada | 21 |
| Unha canoa media xornada | 4 |
| Unha canoa una xornada | 7 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Unha bicicleta media xornada | 4 |
| Unha bicicleta unha xornada | 7 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Uso do rocódromo media xornada (por grupo de 5 persoas) | 3 |
| Uso do rocódromo una xornada (por grupo de 5 persoas) | 6 |
E. Polo uso de locais:
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Media xornada | 7 |
| Unha xornada | 11 |
Media xornada é unha mañá ou unha tarde cun máximo de catro horas.
O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.
F. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ao aire libre:
Precios por la expedición de los diferentes carnés dirigidos a la juventud:
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Carné Xove | 6 |
| Carné alberguista xove | 5 |
| Carné alberguista adulto | 12 |
| Carné alberguista grupo | 15 |
| Carné alberguista familiar | 24 |
| Carné alberguista para estranxeiros (completo) | 21 |
| Carné alberguista para estranxeiros (cupón) | 3,50 |
| Carné teacher (ITIC) | 8 |
| Carné internacional xove (IYTC) | 6 |
| Carné student (ISIC) | 6 |