Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Presentación

A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio é o órgano encargado de realizar as funcións propias de estudo e documentación da Consellería, de xestionar os servizos comúns dela e prestar asistencia técnica e administrativa ao Conselleiro.   Ademais, asume as competencias que a normativa reguladora do patrimonio da Comunidade autónoma lle atribúe á Consellería.

Gráfico da estrutura

organigrama

Dependencias

Vicesecretaría Xeral
Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma
Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico
Subdirección Xeral de Xestión Económica Patrimonial do Sector Público Empresarial
Secretaría xeral da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa
Servizo de Estudos e Estatísticas
Asesoría Xurídica
Intervención Delegada
Subdirección Xeral de Análise e Coordinación

Descrición das competencias

Exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e calquera outra que lle atribúa a normativa en vigor, entre as que se inclúen:

  • Asistencia ao titular da consellería nos asuntos que lle encomende e, no caso de ausencia ou enfermidade deste, o despacho e sinatura de asuntos de trámite.
  • Elaborar o anteproxecto de orzamentos da Consellería. Formular programas de gastos e actuacións e a súa avaliación.
  • Dirixir as funcións de carácter técnico-xurídico.
  • Expedientes de contratación de obras, servizos, subministracións e asistencia técnica da Consellería.
  • A Xestión do persoal adscrito á Consellería. A habilitación de persoal e material, así como a autorización de anticipos ao persoal da Administración da Comunidade Autónoma.
  • A elaboración e publicación de estudos e estatísticas da Consellería

En materia patrimonial correspóndenlle, entre outras, as seguintes funcións:

  • As atribuídas á Consellería polas normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma. Formular directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais e no emprego dos de dominio público, e coordinar a súa  xestión e administración.
  • Informar as operacións de creación, modificación e disolución das sociedades mercantís e demais entes do sector público empresarial, e elaborar propostas para o exercicio das facultades derivadas da participación no capital das sociedades mercantís.

Contacto

Enderezo:
Edificios administrativos – San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 54 41 19
Fax: 981 54 41 25

Correo electrónico: secretaria.xeral@conselleriadefacenda.es

Directorio

  • María del Socorro Martín Hierro
    Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio.
  • Mª Jesús Ferro Magariños
    Secretaria da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
    Teléfono: 981 54 41 21
    Fax: 981 54 41 25
Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda