Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia
O obxectivo do Plan é impulsar o desenvolvemento económico equilibrado e sostible de Galicia, reforzando a cohesión socio-territorial para corrixir os desequilibrios internos a partir dun proceso de dinamización económica, planificación e coordinación das
actuacións das Administracións Públicas en infraestruturas, apoio aos sectores produtivos e equipamentos.
Proxecto de Desenvolmento Integral das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. 2007-2011
Coñeza o proxecto de Desenvolvemento Integral das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e as súas 11 iniciativas chave: consolidación do sector eólico, desenvolvemento do sector turístico, potenciación do sector Loxístico entorno ao desenvolvemento do Porto exterior, apoio ao desenvolvemento do sector da Acuicultura, apoio ao desenvolvemento da Biomasa, apoio ao desenvolvemento do sector dos Biocombustibles, mantemento do sector Naval e a súa industria auxiliar, dotación de Solo Industrial, mellora das Infraestruturas, fomento do I+D+i e creación dunha Oficina Xestora do Plan Ferrol.