Procedemento de contratación

Amosámoslle documentación e ligazóns útis para o proceso de contratación da Administración pública galega:

Tipo legal de xuro de mora

O artigo 216.4 da TRLCSP establece que a Administración ten a obriga de aboar o prezo dentro dos 30 días seguintes á data de expedición das certificacións de obras ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización total ou parcial do contrato, e, no caso de demora, debe aboar ao contratista, a partir do cumprimento do devandito prazo de 60 días, os intereses de demora e a indemnización polos custos de cobramento nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro de 2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (B.O.E. 30-12-2004).  

A efectos do previsto no artigo 7 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, no seguinte cadro pódense consultar as Resolucións da Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira do Ministerio de Economía e Facenda pola que se fai público o tipo legal de xuro de mora aplicable nas operacións comerciais realizadas entre empresas e a Administración.

Ano
periodo
%
 
2006 Primeiro semestre natural
9.25
 
2006 Segundo semestre natural
9.83
 
2007 Primeiro semestre natural
10.58
 
2007 Segundo semestre natural
11.07
 
2008 Primeiro semestre natural
11.20
 
2008 Segundo semestre natural
11.07
 
2009 Primeiro semestre natural
9.50
 
2009 Segundo semestre natural
8.00
BOE 04/07/2009 (Formato PDF)
2010 Primeiro semestre natural
8.00
BOE 01/01/2010 (Formato PDF)
2010 Segundo semestre natural
8.00
BOE 01/07/2010 (Formato PDF)
2011 Primeiro semestre natural
8.00
BOE 31/12/2010 (Formato PDF)
2011 Segundo semestre natural
8.25
BOE 01/07/2011 (Formato PDF)
2012 Primeiro semestre natural
8.00
BOE 02/01/2012 (Formato PDF)

 

Tipo de xuro legal do diñeiro

De conformidade co disposto no artigo 1 da Lei 24/1984, de 29 de xuño, sobre modificación do tipo de xuro legal do diñeiro, éste queda establecido no 4 por cento hasta o 31 de decembro do ano 2010.

Disposición adicional decimo sétima da Lei 39/2010, de 22 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2011

Anos anteriores:

Ano
%
1997
7.5
1998
5.5 
1999
4.25
2000
4.25
2001
5.5
2002
4.25
2003
4.25
2004
3.75
2005
4
2006
4
2007
5
2008
5.50
2009
5.50 ata o 31de marzo
 
4 ata o 31 de decembro
2010
4

 

Clasificación estatística dos contratos públicos:  CPV e CPA

CPA

O Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, dispón que os pregos de cláusulas administrativas particulares conterán a definición do obxecto do contrato e, no seu caso o de cada un dos lotes, con expresión da codificación correspondente da nomenclatura CNPA, na actualidade a nomenclatura CPA, recollida no Regulamento (CE) nº 451/2008, do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de abril de 2008, vixente dende o 4 de xuño de 2008.

CPV

Cando o contrato sexa igual o superior aos umbráis comunitarios, os pregos de cláusulas administrativas particulares e o anuncio de licitación deberán indicar, ademais, a codificación correspondente á nomenclatura do Vocabulario común de contratos públicos recollida no Regulamento (CE) nº 213/2008 da Comisión, de 28 de novembro de 2008, vixente dende o 15 de setembro de 2008.

Información relacionada

Enderezo

  • Edificio Administrativo San Caetano, 3 15781 Santiago de Compostela.
    Teléfonos: Secretaría Xeral: 981-544947 881-999350 881-999426
    Fax: 881999555
Ligazón á web da Xunta
©  Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Facenda