Inicio > Áreas > Planificación e Fondos > P. O. de Cooperación Territorial Transnacional Sudoeste Europeo 07-13
Os 4 programas de Cooperación Territorial Transnacional son:
Galicia participa na Cooperación T. Transnacional 2007-2013, que é cofinanciada polo FEDER, a través de 2 PO: Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste Europeo.
O novo Espazo Sudoeste integra rexións pertencentes a 4 estados europeos. Queda configurado pola totalidade do territorio español, coa excepción de Canarias, a totalidade do espazo continental portugués, as seis rexións do Sudoeste de Francia e Xibraltar.
A realidade territorial do sudoeste europeo precisa da conveniencia de deseñar instrumentos de cooperación que favorezan o desenvolvemento do devandito espazo e a súa integración harmoniosa. A existencia de intereses comúns, no terreo do medio, a I+D+i, a sociedade da información ou a ordenación do territorio, abre un campo de posibilidades que é preciso aproveitar para consolidar os logros obtidos neste sentido.
Co fin de alcanzar os obxectivos formulados, establécense as seguintes Prioridades estratéxicas:
O custo total previsto para o Programa de Cooperación Territorial do Sudoeste Europeo 2007-2013 ascende a 132.055.638 euros. O financiamento do FEDER elévase a 99.413.459 euros, o que corresponde a unha taxa media de Axuda comunitaria do 75,28%. A España corresponderíalle a cantidade de 54.325.658 euros en Axuda.
