As Directrices Estratéxicas Comunitarias 2007-2013 constitúen o documento de referencia da Comisión Europea para o novo período de programación, xa que marcan as pautas básicas de actuación para os Estados membros na configuración dunha política de cohesión en apoio do crecemento e do emprego, inspirada á súa vez na Axenda de Lisboa e no Consello de Gotemburgo de 2001.
O presente Programa Operativo, que se elaborou de acordo con estes principios xerais e coa reorientación da política económica comunitaria deseñada pola Xunta de Galicia no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (MECEGA), persegue alcanzar os niveis medios de riqueza e benestar europeos co Obxectivo Global de "Converxer en termos de crecemento e emprego, grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento,". Ao mesmo tempo, este marco asegura a complementariedade con outras formas de intervención comunitaria na Comunidade Autónoma.
Para a consecución deste Obxectivo Global, establécense catro Obxectivos Finais:
- “Impulsar e dinamizar a economía rexional facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar”;
- “Incrementar a competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación”;
- “Aumentar a cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social” e
- “Reforzar a sinerxía entre crecemento e desenvolvemento sustentable”
No proceso de programación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) interviñeron tanto as distintas Administracións involucradas (Comunitaria, Estatal, Autonómica e Local), como outras institucións e axentes económicos e sociais galegos, definindo unha estratexia integrada de desenvolvemento rexional que dá resposta ás necesidades e potencialidades existentes en Galicia.
O importe total actualizado do Programa ascende a 2.739,4 millóns de euros entre recursos públicos autonómicos, estatais e comunitarios, dos que 2.191,5 millóns corresponden á Axuda comunitaria.
As actuacións que se cofinanciarán co PO FEDER Galicia 2007-2013 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes sete prioridades: Economía do coñecemento; Innovación empresarial; Medio, ámbito natural, recursos hídricos e prevención de riscos; Transporte e enerxía; Desenvolvemento sustentable local e urbano; Infraestruturas sociais; e Asistencia técnica e reforzo da capacidade institucional.
Un elemento importante do Programa é a inclusión dun enfoque de dimensión territorial e demográfica na súa estratexia, dando resposta á realidade xeográfica e socioeconómica do país.
O programa que se presenta detalla, para o período 2007-2013, a articulación das liñas de actuación previstas para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.

Información relacionada
Documentos
-
Programa de Estabilidade 2012-2015 e PNR 2012 (27 abril 2012)
-
Programa Nacional de Reformas de España (2012)
-
P.O. FEDER Galicia 2007-2013 modificado (2011)
-
Informe de execución 2010 do PO FEDER Galicia 07-13 (Outubro 2011)
-
Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Planificación e Fondos (04.10.2010)
-
Plan de Seguimento Estratéxico e Avaliación Continua do FEDER, FSE e FC, 2007-2013 (marzo 2009).
-
Avaliación Estratéxica Temática de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes integrada FEDER-FSE (febreiro 2011).
-
Informe de Avaliación do Plan de Comunicación do PO FEDER Galicia 07-13
-
Programa Nacional de Reformas de España 2011
-
Programa de Estabilidade España 2011-2014
-
Informe de execución 2009 do PO FEDER Galicia 07-13
-
Programa Operativo FEDER/Cohesión España 2007-2013 (Documento inicial)
-
Informe de Execución 2007 do PO FEDER Galicia 07-13
-
Informe de Execución 2008 do PO FEDER Galicia 07-13
-
Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (2007)
-
Tríptico de lanzamento de Obxectivos e Prioridades do PO FEDER Galicia 2007-2013 (abril 08)
-
Regulamento interno do Cté. Seguimento do PO FEDER Galicia 2007-2013
-
Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013 (MENR) (Formato PDF)
-
Programa Nacional de Reformas de España (PNR) 2005 (Formato PDF)
-
Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (MECEGA) (Formato PDF)
-
Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia 2000-2006 (PEDEGA) (Formato PDF)
-
Relación de Indicadores Operativos do PO FEDER GA 07-13 (01.09.2009) (Formato PDF)
-
Criterios de selección de operacións do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (xuño 2011)
-
Plan de Comunicación PO FEDER Galicia 07-13 (Formato PDF)
-
Tríptico de Execución Financeira do PO FEDER Galicia 07-13 (ano 2008) (xuño 09) (Formato PDF)
-
Tríptico de Execución Financeira 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (xuño 2010)
-
Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 modificado (2010)
-
Programa Operativo FEDER/Cohesión España 2007-2013 de 25.05.2010
-
Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (MECEGA) 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 17, núm. extraord. 2008)
-
Execución Financeira da anualidade 2008 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 18, núm. 2. 2009)
-
Execución Financeira da anualidade 2009 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 19, núm. 2. 2010)
-
O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 (Artigo da DXPF publicado na Revista Galega de Economía, vol. 20, núm. 2. 2011)
-
El acuerdo de perspectivas financieras 2007-2013
-
Avaliación Ex ante do PO FEDER Galicia 07-13 (24.05.07)